O xurado formado por membros do ENDL decidiu cal dos traballos presentados ao concurso de relatos de medo foi o premiado nesta edición do Samaín 2014. O agasallo consiste nun lote de libros e un diploma e os concursantes gañadores son Xoel Rodríguez Fernández e Felipe Rodríguez García, alumnos de 1º ESO. O relato gañador leva por título UNHA TERRORÍFICA ACAMPADA.
PARABÉNS Xoel e Felipe polo voso traballo!!!
Ao resto de concursantes, queremos agradecervos a vosa participación e dicirvos que continuedes co voso labor de escribir e presentar as vosas colaboracións neste tipo de eventos literarios.
Tod@s os que gañastes, tanto no concurso de cabazas como no de relatos de medo,vaisevos avisar esta semana para que recollades os vosos agasallos, así como o lugar e a hora.
MIL GRAZAS A TOD@S!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario