29/10/13
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2013-2014
O Equipo de Normalización do IES Enrique Muruais 2013-2014 está compost polos seguintes membros:
COORDINADORA: Carme López Peón
PROFESORADO:
Elena Aller González
Mª Jesús Díaz Rodríguez
Ángeles Rodríguez Llamazares
ALUMNADO:
Irene Gómez Gutiérrez (3º ESO)
Nerea Lorenzo García (4ºESO)
Noemí López Morado (1º BACH)
COORDINADORA: Carme López Peón
PROFESORADO:
Elena Aller González
Mª Jesús Díaz Rodríguez
Ángeles Rodríguez Llamazares
ALUMNADO:
Irene Gómez Gutiérrez (3º ESO)
Nerea Lorenzo García (4ºESO)
Noemí López Morado (1º BACH)
16/12/12
NADAL 2012
| Cartel anunciador do concurso de postais do Nadal 2012 (Bea Fiallega) |
Nestes días iremos poñendo fotos das postais que elaborou o alumnado e as que resultaran gañadoras.
8/12/12
SENTENZA CONTRA O DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO
O
Tribunal Supremo vén de ditar sentenza contra algúns puntos do Decreto do
plurilingüísmo, en concreto os seguintes:
- A consulta aos pais, sobre a lingua vehicular que
desexaban para os seus fillos, non será en ningún caso vinculante. Será a
Consellería quen deba lexislar sobre esta cuestión.
- Tamén se derroga o punto que lles permitía aos
alumnos usar a lingua vehicular que desexasen en cada materia,
independentemente da lingua vehicular en que esa materia fose impartida.
As reaccións non se fixeron esperar e, como sempre, cada quen interpreta a sentenza ao seu entender. A Xunta, o organismo realmente responsable e que debe acatar o dito pola Xustiza, afirma (inexplicablemente) que a sentenza avala o texto do Decreto, que tamén avalaron os cidadáns nas urnas. Quere isto dicir que non vai acatar a sentenza?
Se a queredes ler completa e así evitar interpretacións alleas, clicade aquí
Nós, mentres, seguiremos coa nosa política lingüística: empregaremos a lingua propia con orgullo; respectaremos, aprenderemos e utilizaremos as demais linguas cando sexa necesario e/ou preceptivo: porque as linguas suman; non se exclúen, nin compiten, nin pelexan entre elas.
3/12/12
OBRADOIRO DE LUSOFONÍA
O venres 30 de novembro houbo no centro para o alumnado de 1º e 2º da ESO un Obradoiro de lusofonía que se nos propuxo dende a área de Cultura da Diputación Provincial de Lugo. Encargouse de impartilo Loaira que pertence á Associaçom Galega da Lingua.
Ao alumnado quedoulle claro que se sabemos galego, é moito máis doado aprender portugués e mesmo lles pode abrir as portas, nun futuro, de cara a outros países de fala lusófona.
Ao alumnado quedoulle claro que se sabemos galego, é moito máis doado aprender portugués e mesmo lles pode abrir as portas, nun futuro, de cara a outros países de fala lusófona.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


