O
Tribunal Supremo vén de ditar sentenza contra algúns puntos do Decreto do
plurilingüísmo, en concreto os seguintes:
- A consulta aos pais, sobre a lingua vehicular que
desexaban para os seus fillos, non será en ningún caso vinculante. Será a
Consellería quen deba lexislar sobre esta cuestión.
- Tamén se derroga o punto que lles permitía aos
alumnos usar a lingua vehicular que desexasen en cada materia,
independentemente da lingua vehicular en que esa materia fose impartida.
As reaccións non se fixeron esperar e, como sempre, cada quen interpreta a sentenza ao seu entender. A Xunta, o organismo realmente responsable e que debe acatar o dito pola Xustiza, afirma (inexplicablemente) que a sentenza avala o texto do Decreto, que tamén avalaron os cidadáns nas urnas. Quere isto dicir que non vai acatar a sentenza?
Se a queredes ler completa e así evitar interpretacións alleas, clicade aquí
Nós, mentres, seguiremos coa nosa política lingüística: empregaremos a lingua propia con orgullo; respectaremos, aprenderemos e utilizaremos as demais linguas cando sexa necesario e/ou preceptivo: porque as linguas suman; non se exclúen, nin compiten, nin pelexan entre elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario