LECTURA RECOMENDADA A 1º ESO |
O pasado 31
de xaneiro, tivemos o pracer de ter connosco ao escritor Gonzalo Moure Trenor nunha
actividade conxunta coa Biblioteca e
en particular co club de lectura da
materia de Música. O alumnado deste
club lera El síndrome de Mozart e o alumnado de 1º de ESO da materia de Lingua Galega lera Palabras de Caramelo.
Foi unha
charla moi produtiva, na que o escritor compartiu co alumnado as súas vivencias
e experiencias tanto as humanas como as literarias; o alumnado interesouse
moito facéndolle preguntas porque querían coñecer máis sobre o libro lido.
O escritor, afincado en Figueiras (Asturias),
leva anos unha enorme actividade cultural e de cooperación nos campos de
refuxiados saharauis con proxectos tan interesantes como O Bubisher (un
bibliobús que leva libros ás aulas dos/das nenos e nenas saharauis), actividade
que vai dando a coñecer nas súas visitas aos centros de ensino.
Unha
auténtica gozada contar coa súa presenza e que nos contara moitísimas cousas da
vida dos nen@s refuxiad@s baseándonos no que coñeciamos da lectura de Palabras de Caramelo.
Dende este
blog do Equipo de Dinamización Lingüística queremos darlle as grazas a Gonzalo
Moure e dicirlle que pode volver cando o desexe porque charlaremos con el encantad@s.
Deixamos
unha ligazón da súa páxina para quen queira saber algo máis do escritor e unas fotos
do que foi o seu encontro co alumnado do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario