23/12/18

BO NADAL!

Rematamos este primeiro trimestre co concurso de postais de Nadal. Durante as dúas últimas semanas, o alumnado confeccionou as súas, ben por libre ou axudados pola profesora de Plástica na súa aula.
Coma todos os anos,houbo bastante participación e a postal gañadora coa que se felicita a toda a comunidade educativa foi a de Antía Cabodevila Gutiérrez de 3º da ESO...noraboa Antía!

Todas estaban moi ben e foi difícil elixir cales eran as finalistas. En 2º lugar quedou a de Marcos Macía González de 1º ESO e en 3º lugar a da alumna de 1º da ESO, Nuria Torre Monasterio. Noraboa tamén a vós. Á volta das vacacións farásevos a entrega dos agasallos.

Dende o ENDL queremos darvos as grazas a tod@s @s que participastes polo voso bo labor, a ilusión e o tempo invertido en facer as vosas creación. Animávosvos  a seguir participando nestas actividades tan lúdicas e motivadoras.

Dende este mesmo recuncho, aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais un feliz Nadal e un próspero aninovo 2019.


Antía Cabodevila Gutiérrez 3ºESO

21/12/18

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018

Deseguido, deixámosvos unhas fotos da exposición das tarxetas de Nadal desta edición do 2018.









2º premio concurso de postais do Nadal. Autor: Marcos Macía González 1º ESO

3º premio concurso postais do Nadal. Autora: Nuria Torre Monasterio 1º ESO

11/12/18

OBRADOIRO DE REGUEIFA


Dende Bergantiños chegaron Lupe Blanco e Óscar García para facer co alumnado de 1º e 2º da ESO un obradoiro de poesía. Durante 90 minutos estiveron connosco amosándonos a súa arte, regueifando e ensinándonos a facelo nós.

Despois de presentarse en modo copla, tamén quixeron que @s alumn@s comprobasen como esta é unha arte onde se improvisa e nada está preparado. Despois dunha introdución teórica na que explicaron no que consistía esta arte, tocou pasar a unha parte práctica na que nenos e nenas inventaron as súas estrofas e deseguido regueifaron.

Resultou unha tarde moi amena , o alumnado divertiuse un montón e comprobou que a poesía non ten por que ser aburrida nin seria.

Cremos que tanto Lupe como Óscar tamén o pasaron moi ben… dende este blog queremos agradecerlles a súa visita e prometemos seguir regueifando e inventando moitas coplas.



5/12/18

VISÍTANOS LUPE BLANCO


Nun intento de achegar a poesía ás aulas, partindo do noso patrimonio e tradición, da nosa cultura,  fomentando a  vea artística e creativa do alumnado e mellorando o emprego da lingua no que se refire especialmente á destreza oral, o martes 11 nas dúas sesión da tarde imos ter no centro a Lupe Blanco impartindo ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO un Obradoiro de regueifa.

Para quen non saiba  o que é o mundo da regueifa  ou ben desexe ampliar os seus coñecementos, deixámosvos unha ligazón onde podedes consultar.
http://www.regueifa.org/quen-somos



4/12/18

TEMPO DE NADAL

Achégase a época do Nadal e, como cada ano, o ENDL convoca ao alumnado do centro para participar no concurso de postais. As bases que rexen nesta nova convocatoria son as seguintes:

  1. Poderán participar tod@s @s alumn@s do centro.
  2. Os traballos presentaranse nunha cartolina tamaño A-4 e poderase empregar calquera tipo de técnica. Deben incluír obrigatoriamente un lema alusivo ao tema, redactado en galego.
  3. Os traballos non levarán o nome na cartolina, senón que se acompañarán en folio á parte cos datos d@participante.
  4. Valorarase a orixinalidade e a creatividade.
  5. O prazo de presentación dos mesmos será do 10 ao 14 de decembro como data límite.
  6. O xurado estará composto por membros do ENDL.
  7. A tarxeta gañadora do 1º premio será a oficial do instituto para parabenizar estas festas.

4/11/18

SAMAÍN E MAGOSTO


Durante a última semana de outubro celebramos no centro Samaín . O ENDL programou diversas actividades como foronunha exposición de libros de terror( xunto coa Biblioteca do centro), un concurso de relatos de terror, un concurso de cabazas tuneadas  e outro de chapeus . @s gañador@s destes concursos foron os seguintes:

Concurso de relatos de medo:

1º premio: Nuria López Torviso e Rosalía Maseda Rico (1º ESO)

2º premio: María Alonso Fernández (3º ESO)

3º premio: Carme Alonso Mourelle (3º ESO)

Concurso de cabazas tuneadas:

1º premio: Paula Rodríguez Fernández 1º ESO

2º premio:  Samuel Lourido Cigarrán (1º ESO) e Iria Goyos Moirón (2º ESO)

3º premio: Mención especial para a cabaza de Daniel Cabodevila Gutiérrez (1ºESO)

Concurso de chapeus:

1º premio: Luana Bizinella Dornelles (4ª ESO)

Todo o alumnado gañador dos concursos, recibiu agasallos ao seren premiadas as súas colaboracións.

Tamén en colaboración co Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias, o martes 30 pola tarde, celebramos o magosto no instituto e de seguido houbo xogos tradicionais para o alumnado,  que programou o Dpto. de Educación Física.

 Deixámosvos una mostra do que foi a actividade deste ano.
Magosto

Magosto

Magosto

Exposición de cabazas

Concursos

Xogos populares

Exposición de libros de terror

Entrega de premios dos concursos

15/10/18

NOVO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Neste curso 2018-2019, o ENDL está formado polas seguintes persoas:

Profesorado:

Elena Aller González

Carme López Peón (coordinadora)

Ana María Loriente Acebedo

Ángeles Rodríguez Llamazares

Alumnado:

Nuria López Torviso ( 1º ESO)

Adriana Luculescu (2º ESO)

Juan Díaz Alonso (3º ESO)

Celtia Dorrío Rico (4ºESO)

Denise Cancelas Mera (1ºBAC)

Izaskun Val López (2º BAC)

Representante da Administración e Servizos

José Manuel Ginzo García

30/9/18

PAULA COMENDEIRO GAÑADORA DO CONCURSO DE REDACCIÓN MARIÑA FOLGUEIRA


A finais do pasado curso 2017-2018, o noso centro participou no Concurso de Redacción Xornalística María Folgueira  que na súa cuarta edición convoca a Asociación de veciños de Reigosa (A Pastoriza).

Da man de María Expósito (antiga compañeira do Dpto.. de Galego)concursamos por segundo ano consecutivo. E desta volta, grazas a Paula Comendeiro, alumna daquela de 1º ESO, acadamos un premio co seu traballo que levou por título SEMPRE EN GALIZA.Foi o traballo premiado no apartado do 1º ciclo da ESO.

O premio para Paula consistiu nunha tablet en un lote de libros, mentres que o centro tamén foi agasallo con outro lote de libros.

O xurado que valorou os traballos da rapazada estivo formado por xente de prestixio do eido das letras, do xornalismo e da cultura galegas: Manolo Gago, Alberto Barciela, Paulino Novo, Xurxo Salgado e Mini.

A entrega de premios levouse a cabo o 16 de agosto ás 16:00 horas no Edificio Socio- Cultural Mariña Folgueira de Reigosa.

Dende este blog, queremos dar as grazas, en primeiro lugar a Paula polo seu traballo e sacrificio, a Asociación de veciños de Reigosa e tamén á nosa compañeira e amiga María Expósito.  

MIL GRAZAS!!!
Podedes ver fotos AQUÍ