SAMAÍN -MAGOSTO 2012
Durante a semana do 5 ao 9 de novembro, no IES Enrique
Muruais celebramos o SAMAÍN. Ademais de decorar o centro na entrada do mesmo,
tamén fixemos unha exposición de cabazas . O alumnado de 1º ciclo da ESO foi o
encargado de traer da casa as cabazas que previamente “tunearon” e os
alumnos/as de 3º e 4º da ESO encargáronse de elaborar carteis. Houbo concursos
para todo elo, recibindo os gañadores
diplomas como agasallos.
Dende o luns até o xoves, tamén se fixeron lecturas derelatos de medo
por parte do alumnado de 1º ciclo, durante o tempo de recreo e o venres
entregáronse os premios aos gañadores dos concursos.
Paralelamente á celebración do SAMAÍN, o venres día 9
despois da entrega de premios aos gañadores dos concursos, todo o alumnado do
centro participou en xogos populares: Tiro ao pao, carreiras de sacos, o brilé,
aros , bolos celtas e tiro á corda. O
broche á xornada púxoo un MAGOSTO no que
profesorado e alumnado do centro participou… foi un día xenial para todos!!!
Ides poder ver fotos de todo o que fixemos…
No hay comentarios:
Publicar un comentario