5/12/15

GRAZAS OU GRACIAS?

A forma grazas é un invento moderno? Vede o que se di neste vídeo


EU SON...

 

"Eu son..." é unha publicación do IES de Curtis que nace cun dobre obxectivo: o de  render homenaxe a Memorias dun neno labrego e por outra banda, "ofrecer un tributo aos nosos antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos presentes".



Un fermoso traballo.



 Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Eu son...   





                                                                                        .                                                                                  

A ALDEA ENCANTADA

Este é o título que puxeron ao seu relato do Samaín, Sara Rodríguez, Diego, Felipe e Xoel de 2º ESO.

Podedes velo AQUÍ

2/12/15

RELATOS DE TERROR 2º ESO

Un dos concursos que o ENDLG propuxo para celebrar o Samaín deste ano, consistía en crear un relato de terror, escenificalo e gravalo en movie maker, pero parece ser que, por falta de tempo ou a saber por que outras razóns, o alumnado non se animou a facer dita actividade.
Nas clases de Lingua Galega en 2º da ESO, tentouse levar a cabo esta idea, xa fóra de concurso, e estes foron os resultados. Hoxe o vídeo que subimos ao blog, ten como protagonistas a Lorena, Lucía, Mª José e Marina que recrearon esta historia de medo que leva por título "O último xogo". En días sucesivos iremos poñendo outros relatos creados por este alumnado de 2º ESO. Agardamos que vos gusten.

Podedes ver o vídeo AQUÍ

PREMIOS SAMAÍN 2015

Como lembraredes, para o Samaín 2015 no noso centro, houbo dous concursos nos que participastes o alumnado: o de cabazas e o de tarxetas cunha lenda en galego; pois ben, aquí vos deixamos os nomes d@s alumn@s gañadores.



PREMIO DE CABAZAS: Lucas Cabana Novo de 1º ESO

PREMIO DE TARXETAS: Celtia Dorrego Rico de 1º ESO


A entrega de agasallos ao alumnado destes concursos, será o mércores 9 de decembro na biblioteca do centro durante o tempo do recreo.


                  PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!!



   Lucas Cabana Novo 1º ESO

                           Celtia Dorrío Rico 1º ESO

30/11/15

ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS

Esta fin de semana comezaba con malas novas... a noticia do pasamento do autor de Memorias dun neno labrego, que nos  deixaba para sempre e marchaba ao carón da súa compañeira de vida Anisia.
 Xosé Neira Vilas finou na súa casa de Gres, Vila de Cruces aos 87 anos. Autor, asemade, doutras obras moi coñecidas: Cartas a Lelo, Querido Tomás, Cartas no rodicio, O cabaliño de buxo, A Marela taravela e un longo etcétera que abrangue dende a narrativa, ata a  poesía e o ensaio.
Ademais dun grandísimo escritor, comprometido coa lingua,  sufriu a emigración en Cuba e na Arxentina (onde descubriu a súa identidade galega), foi un ser humano excepcional moi solidario co mundo marxinal e coas causas xustas.
O seu corpo foi velado no Panteón dos Galegos Ilustres en San Domingo de Bonaval e o enterro na súa aldea de Gres o sábado pasado.

 Podedes ver máis información AQUÍ







«Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre»

26/11/15

ACHÉGASE O NADAL...

Estamos ás portas das vacacións do Nadal...xa sabemos que estades estudando moito e que pouco tempo hai para outra cousa que non sexa preparar exames, pero pedímosvos un pequeno esforzo e colaboración entre tod@s para preparar a nosa felicitación  deste ano que logo remata.
Un ano máis, queremos que vós sexades @s artífices da tarxeta para parabenizar estas festas a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais.
Dende o ENDLG propoñémosvos que participedes na elaboración da mesma; as bases están no cartaz que  de seguido vos imos subir no blog... iso si!! LEMBRADE que o lema da mesma ten que ser en GALEGO NORMATIVO porque moitas veces hai creacións plásticas moi chulas que non podemos premiar porque non están escritas en GALEGO e isto conta moito á hora de seleccionar as mellores.
Este mesmo cartaz coas bases está exposto polo centro, nos taboleiros.

Queres recibir un agasallo antes do Nadal? Pois ANÍMATE e PARTICIPA!!!

Tedes de prazo ata o día 7 de decembro