O ENDL do instituto vén de elixir a mensaxe gañadora do Concurso do Día do Amor. Corresponde á da alumna Yaiza Lorenzo García de 2º ESO.
Podedes vela, premendo na seguinte ligazón:
CORAZÓN
PARABÉNS, YAIZA!!! A tod@s @s demais, moitas grazas pola vosa participación!!
27/2/15
25/2/15
DÍA DE ROSALÍA ENTRE O ALUMNADO
Nas clases de Galego, fixemos unha gravación que resumimos nestes vídeos. As alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO baixo lema EU SON ROSALÍA que este ano propuxo a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar o 178º aniversario da escritora, foron introducindo e recitando versos do seu libro Cantares Gallegos.
VÍDEO 1º ESO
VÍDEO 2º ESO
.
VÍDEO 1º ESO
VÍDEO 2º ESO
.
24/2/15
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis no noso IES homenaxeamos a Rosalía, a máis
grande escritora de todos os tempos, a máis universal, a máis agarimosa e morriñenta,
a que tanto amou a Galiza e tanta dor sentiu por ela.
Hoxe no recreo escoitaremos os seus poemas musicados para
que tod@s poidades gozar deles. Nas clases tamén estamos a preparar uns videos
que noutro momento subiremos aquí.
24 de febreiro é a data do nacemento da poeta do Rexurdimento
e neste ano 2015 cúmprese o 178º aniversario dese feito .
23/2/15
DÍA DE ROSALÍA
Co gallo da celebración mañá 24 de febreiro, do Día de Rosalía, deixamos subido este ligazón ao xornal SERMOS GALIZA onde se pode ver o que a AELG propón como iniciativa para celebrar este día.
AQUÍ
AQUÍ
12/2/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

