17/5/10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010


MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO EN SANTIAGO



Decenas de miles de persoas claman contra a política lingüística da Xunta




Varias decenas de miles de persoas manifestáronse hoxe en Compostela en contra da política lingüística da Xunta, en especial para que retire o borrador de decreto do plurilingüismo, que regulará o uso do galego no ensino non obrigatorio. A marcha foi secundada por máis de cincocentas asociacións culturais, políticas, sociais e sindicais e contou coa asistencia dunhas cen mil persoas, segundo os organizadores. Durante máis de dúas horas os miles de manifestantes percorreron as rúas da capital galega ata chegar á praza do Obradoiro, que encheron por completo.




Berros e pancartas de "En Galicia en galego", "Decretazo Nunca Máis" e "Polo dereito a vivir en galego" retumbaron nas rúas do casco histórico, onde moitos peregrinos e turistas asistían atónitos ó desfile. Para explicarllo, unha vez na praza do Obradoiro, o actor Carlos Blanco e a tamén actriz Isabel Risco dixeron en castelán, inglés, francés e italiano que os manifestantes eran galegos que defendían o dereito a expresarse no seu idioma. "Un idioma universal, legal e brillante", segundo indicou Blanco.

20/4/10

LADAÍÑA DE GALICIA

UXÍO NOVONEYRA : LETRAS GALEGAS 2010

22/2/10

ORGULLOSOS@S DO GALEGO

Este é o vídeo da CGENDL(Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)

21/1/10

MOBILIZACIÓN EN SANTIAGO CONTRA O DECRETO



Ducias de milleiros de persoas toman Compostela para defenderen a lingua.


Entre os asistentes, moitos nenos, xente nova e políticos, como Guillerme Vázquez e Pachi Vázquez. A folga no ensino non universitario foi seguida por un 90% do profesorado segundo os sindicatos e por menos do 50% segundo os datos da Xunta.


Na manifestación central de Compostela, a pesar do habitual baile de cifras, ninguén discute que participaron ducias de milleiros de persoas. Unha cifra, xa de por si sorprendente, convértese en histórica se se ten en conta que o acto tiña lugar nun día laborábel.


Información extraída de Vieiros e edición dixital da Voz de Galicia.

30/11/09

EUROPA REPRENDE Á XUNTA...

POLA POLÍTICA LINGÜÍSTICA.

A Axencia Europea das Linguas Minorizadas da UE "informa" á Xunta de Galicia que " as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.
A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón " que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se citan á antiga Rede Galega de Escolas Infantís , Galescolas, " a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".
Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das nacións Unidas (ONU).
Fonte: Xornais dixitais (Xornal.com e farodevigo.es)

20/11/09

NADAL CON MENSAXE

NADAL CON MENSAXE
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ((E.N.D.L.))

BASES

* PREMIARASE A ORIXINALIDADE

* TÉCNICA ,FORMATO E DESEÑO LIBRE

* A MENSAXE DEBERÁ SER EN GALEGO


PARTICIPANTES:

CATEGORIA A: 1 E 2 DE ESO
CAREGORIA B: 3 E 4 DE ESO E 1 E 2 DE BAC.


PREMIOS:

HABERÁ TRES PREMIOS CONSISTENTES EN VALES CAMBIABLES NAS LIBRERIAS DA VILA:

* PRIMEIRO PREMIO: 30 euros

* SEGUNDO PREMIO: 20 euros

* TERCEIRO PREMIO: 10 euros



DATAS DE PRESENTACION:

PODERANSE PRESENTAR ATA O 1 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA DO IES

* FINALMENTE ESCOLLERASE A MÁIS AXEITADA PARA A SÚA IMPRESIÓN E FELICITAR O NADAL
* FARASE UNHA EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS NO VESTÍBULO DE CENTRO

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN ( E.N.D.L. )

18/11/09

O GALEGO NAS AULAS

O SUPREMO DESBOTA QUE OS PAIS DECIDAN SOBRE O IDIOMA DO ENSINO
O Tribunal Supremo vén de ditar unha sentenza a través da cal desestima o recurso interposto no 2007 por un pai vigués contra a Xunta co obxectivo de que "os estudos de educación primaria do seu fillo se imparta integramente en lingua castelá".
O alto tribunal lembra que tanto a Constitución coma o Estatuto de Autonomía establecen que "a coexistencia de dúas linguas non só autoriza, senón que esixe (...) o seu conxunto tratamento e a esixencia do galego nos niveis de estudos non universitarios". Do mesmo xeito, subliña que "a discriminación" alegada polo pai " se produciría no caso de que a Administración autorizase o pretendido", isto é, que o galego desaparecese do curriculo do fillo do demandante...
Xornal.com, 18/11/2009