7/4/22

TOPONIMIA DA PONTENOVA

 A finais do 2021, chega ás librarías  A Toponimia da Pontenova. Libro editado pola Real Academia Galega e que pertence á colección Terra Nomeada. A súa autora,  Xulia Marqués Valea, é doutora especialista en toponimia e  xa conta no seu haber con outra publicación A Toponimia de Trabada.

Moi interesante publicación na que se explica cal é a orixe e o posible significado dos nomes das once parroquias e as 102 entidades de poboación do noso concello. Algúns dos topónimos analizados  como Neipín,  O Puiteiro ou Brandiz son únicos en toda Galiza. 


 Podedes botarlle unha ollada A toponimia da Pontenova




1/4/22

VIDEOCOTIÁN NURIA 1º BAC


 

VIDEOCOTIÁN CARLA 1º BAC

 


VIDEOCOTIÁN

 Incorporamos a publicación de dous vídeos pertencentes á actividade anual VIDEOCOTIÁN cuxas autoras son Carla e Nuria de 1º de BAC.

O vídeo de Carla inclúe o tema Verdes herbas do desaparecido grupo de folk dos anos 80, Doa.

Nuria creou o seu vídeo a partir do coñecido poema de Rosalía Adiós ríos e que foi musicalizado por Amancio Prada.

Moitas grazas, rapazas, pola vosa contribución e agardamos que sigades participando.

23/3/22

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

 Ademais doutros traballos de aula que serán expostos no seu momento, o EDLG colaborou coa Biblioteca do centro e dende as titorías coa pegada nas portas das aulas de poemas de escritoras e escritores  máis actuais e contemporáneos, para dar a coñecer as súas obras entre o alumnado.




9/3/22

REIVINDICANDO A IGUALDADE 8M

No 8M, o EDLG tamén se sumou a esta reivindicación cun acto no recreo que consistiu na lectura en galego do poema de Elvira Sastre SOMOS MULLERES por parte de alumnas de todos os cursos do centro.






5/3/22

VIDEOCOTIÁN ÁLVARO 3º ESO. O pirimpimpin. Malvela

Unha vez máis, Álvaro  fainos chegar  un novo vídeo para a actividade do VIDEOCOTIÁN. Desta volta, un tema moi popular e coñecido, O pirimpimpin do grupo de mulleres Malvela.

Dende aquí, agradecemos a Álvaro de 3º ESO as súas inestimables aportacións á actividade, animándoo a seguir con elas e agardamos que tamén se anime máis alumnado a participar.