19/2/22

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

 Xa estamos ás portas do día 23 de febreiro. Este ano esta data  significa "renacemento" para Rosalía de Castro porque, en base ao achado  duns novos  documentos, sóubose que a súa data de nacemento foi un 23 de febreiro e non o 24 como se pensaba e como así indicaba a súa partida de bautismo.

É ademais a primeira vez que se oficializa a celebración do seu día porque aparece no calendario escolar 2021-2022 da Consellería de Educación.

No noso centro estamos preparando a chegada desta efeméride un ano máis.

Deixámosvos tamén un documental da 2 de TVE sobre a nosa escritora, que aínda que está realizado en castelán, é moi interesante. Para velo, preme AQUÍ


ENTROIDO 2022

 Este mes de febreiro tamén vén completo de celebracións. É o mes no que homenaxeamos á nosa poeta Rosalía de Castro o día 23, pero tamén é o mes que dá entrada ao Entroido e nos convida a tod@s a celebrar unha das festas máis representativas e que máis nos une a tod@s @s galegos e galegas. Dende onte venres, será este personaxe, O MECO, que como cada ano nos irá dicindo as ordes que debemos cumprir... facédelle caso ao MECO e preparádevos para desfrutar na vindeira semana que comeza!!

LUNS 21: 




5/2/22

VIDEOCOTIÁN Álvaro 3º ESO. Lévame. Ialma

 Lévame é o tema elixido por Álvaro de 3º ESO co que participa nesta actividade  cun novo vídeo. Está interpretado por un grupo de rapazas, Ialma, cantareiras, afincadas en Bruxelas, galegas de orixe e que, cos seus cantos, recollen o máis tradicional da música galega. Podedes velo se premedes na ligazón.

2/2/22

2 DE FEBREIRO A CANDELORIA

Se queredes máis información sobre a celebración do Día da Candeloria, podedes atopala premendo sobre a seguinte ligazón  do Portal das Palabras


Nos cursos de 1º e 2º ESO, o alumnado buscou información sobre A Candeloria e fixeron traballos na aula de recompilación de refráns ; festa que en Galicia  vén de moi antigo, xa dos tempos dos celtas e que representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. É o día no que os paxariños casan. Dende o EDLG promovemos a recuperación desta efeméride cada 2 de febreiro.








1/2/22

WORDLE GALEGO

Este xogo leva xa uns días arrasando nas redes... anímaste a probalo???

Wordle Galego

#WordleGalego


29/1/22

VIDEOCOTIÁN Marcos 2º ESO. Terra. Tanxugueiras

 Aproveitamos de subir o vídeo aquí de Marcos, alumno de 2º ESO que participa na actividade do Videocotián para homenaxear a Tanxugueiras, as nosas cantareiras e pandereteiras, un grupo formado polas galegas Aida Tarrío e as xemelgas Olaia e Sabela Maneiro.






7/1/22

ANO GURRIARÁN NAS NOSAS LETRAS

 Comeza o novo ano, despedindo a Xela Arias, aínda que sempre será protagonista os 365 días das nosas letras e damos a benvida ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Baixo estas liñas, o EDLG deixa unhas ligazóns para que poidades investigar sobre a vida e a obra deste poeta e un vídeo de Xermán Son que musicalizou un dos seus poemas Romanzo da terra doente.

Florencio Delgado Gurriarán