Martes 24 de maio será o día previsto para a actuación musical no noso instituto de O Leo I Arremecághona!!
Estará presente todo o alumnado do centro e a actuación será no ximnasio do centro en horario de 17:00 ata as 17:50. Organiza a actividade o Equipo de Normalización Lingüística por mor da celebración da data das Letras Galegas.
Se queredes ver máis información sobre este artista, podedes consultar o seu FACEBOOK ou ben na súa conta de TWITTER e mesmo na WIKIPEDIA
13/5/16
VISITA DO IES DE CURTIS
Para o próximo luns 23 de maio está previsto que o alumnado xunto con profesorado do IES de Curtis nos devolvan a visita que nós lles fixemos ao seu centro, dentro dun programa de intercambio organizado polos clubs de lectura da Biblioteca do centro xunto co Equipo de Normalización Lingüística.
O programa dese día será o seguinte:
O programa dese día será o seguinte:
- Recepción por parte da Dirección e presentación. Na aula de audiovisuais de 10:35 a 11:15
- Charla con Sabela sobre o libro "O agasallo de Anya". Aula de audiovisuais de 11:15 a 12:05
- Xogos populares e carreira de coches globo. Na pista polideportiva de 12:05 a 13:00
- Visita guiada pola Pontenova. De 13:00 a 14:00
- Xantar ás 14:00
O alumnado participante serán os cursos de 1º e 2º da ESO e a alumna de 3º ESO Sarai López Morado.
O alumnado do centro terá clase ata o recreo e a partires deste, incorporarase ás actividades xunto co alumnado do IES de Curtis.
6/5/16
LETRAS GALEGAS 2016
Por mor da celebración das Letras Galegas, este ano adicadas ao escritor Manuel María, inclúense aquí unha serie de recursos e materiais que poden consultarse para saber máis da figura do poeta chairego.
- Visita virtual á Casa Museo Manuel María. Preme AQUÍ
- Entrevista na radio a Manuel María. Preme AQUÍ
- Actividades do Seminario Galán. Preme AQUÍ
- Vídeo "As Letras Galegas". Orixe e Homenaxeado 2016. Preme AQUÍ
- Telexornal Manuel María. Preme AQUÍ
- Real Academia Galega. Preme AQUí
26/2/16
MENSAXES AO CORAZÓN
Despois duns días de estar na entrada do centro o corazón para que puxerades as vosas mensaxes de amor e de amizade, este foi o resultado. Dar as grazas, principalmente ao alumnado de 1º e 2º da ESO pola súa participación e algún/algunha quixo deixar máis dunha mensaxe ...inspiración e amor ao poder!!!
24/2/16
MOBILIZA ROSALÍA
A Asociación de Escritores da Lingua Galega (AELG) convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) nos centros de ensino para difundir a súa obra co envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía do poema IV de Cantares gallegos:
Trocando en sonrisas/queixiñas e choros.
Enviarase a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.
ANIMÁDEVOS A FACELO, PROFESORADO E ALUMNADO ... É DOADO E SÓ LEVA UNS MINUTOS.
#mobilizarosalía #DíadeRosalía
A Biblioteca do centro tamén se quere unir a esta homenaxe a Rosalía, coa colocación no LIBRO, que hai na entrada do instituto, de libros da autora e uns versos dos seus poemas máis coñecidos. Nos andeis deste LIBRO os podedes ver.
Trocando en sonrisas/queixiñas e choros.
Enviarase a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.
ANIMÁDEVOS A FACELO, PROFESORADO E ALUMNADO ... É DOADO E SÓ LEVA UNS MINUTOS.
#mobilizarosalía #DíadeRosalía
A Biblioteca do centro tamén se quere unir a esta homenaxe a Rosalía, coa colocación no LIBRO, que hai na entrada do instituto, de libros da autora e uns versos dos seus poemas máis coñecidos. Nos andeis deste LIBRO os podedes ver.
11/2/16
DÍA DO AMOR
O ENDLG quere celebrar para este 14 de febreiro o DÍA DO AMOR e para iso proponvos que deixedes nun corazón grande que se pon na entrada do centro, mensaxes de amor ou de amizade para quen desexedes.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







