Nova campaña de publicidade en galego por parte de Vegalsa-Eroski que unha vez máis, aposta polo noso idioma para promocionar os seus produtos. A campaña está visible nos grandes valos publicitarios de todas as vilas e cidades onde se atopa esta empresa. Parabéns e a seguir por este camiño.
8/4/14
LETRAS GALEGAS 2014
Neste ano 2014, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas é o poeta lugués Xosé María Díaz Castro. Coincide este co centenario do seu nacemento ( 19-02-1914, O Vilariño, Guitiriz).
Premendo na seguinte ligazón, poderedes atopar interesante información respecto da súa biografía, da súa obra, asi coma o acceso á listaxe dos homenaxeados nesta conmemoración desde 1963
.http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
LIBROS EN GALEGO DE BALDE
Este é o enderezo dunha páxina interesante para baixar libros en galego de balde, en distintos formatos. Podedes clicar sobre o seguinte enlace para acceder a ela:
http://librosengalego.tumblr.com/
http://librosengalego.tumblr.com/
PREMIO DO CONCURSO "E SE LLO DIS EN GALEGO?"
O xurado composto por membros do EDL, resolveu concederlle o único e 1º premio á mensaxe de amor máis votada e que correspondeu á alumna de 4º ESO, Nerea Lorenzo García.
A mensaxe gañadora dicía así:
"Non te confundas, non quero que me fagas feliz; só quero ser feliz contigo"
O EDL do IES Enrique Muruais, dálle a noraboa a Nerea e agradece a participación ao alumnado que se presentou ao concurso á vez que anima a seguir participando nos concursos e actividades que vaian saíndo.
A mensaxe gañadora dicía así:
"Non te confundas, non quero que me fagas feliz; só quero ser feliz contigo"
2/4/14
O PASO ADIANTE
Moi bonito este vídeo do Equipo de Normalización do IES de Arzúa. Un paso adiante polo galego!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

