Xa temos o MECO do noso Entroido e esta vez tocoulle representar a un personaxe moi moi coñecido,controvertido, pero nada popular entre o estudantado... non fai falla que se vos diga quen pode ser que ben o coñecemos tod@s, asi que que se prepare, que o imos poñer a traballar toda a semana que queda... vai facer algo que se lle dá moi ben, que é dar ordes. Aí vos queda... nesta ocasión facédelle caso e atent@s ao que vos pide porque o próximo luns debedes aparecer co que vos di.
21/2/14
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Hoxe 21 de febreiro é o Día Internacional da Lingua Materna. Parabéns a tod@s @s galegofalantes!!!
http://youtu.be/8oUL3s2UG-A
http://youtu.be/8oUL3s2UG-A
ENTROIDO 2014
VENRES DE ENTROIDO NO IES ENRIQUE MURUAIS
O día 28 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro, asi que, idevos preparando para pasalo ben!!
Haberá concursos de comparsas dos diferentes cursos, concursos de karaoke e como non! ... non podía
faltar tamén o concurso de larpeiradas que o alumnado preparará nas súas casas e traerá ao centro. Iremos informándovos estes días de como vai a cousa... estade atent@s!!

![]() |
| Cartaz feito por Bonia Campos de 3º ESO |
19/2/14
DOCUMENTAL SOBRE DÍAZ CASTRO
Podedes consultar este enlace onde se pode ver o traballo que o alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, elaborou co gallo da homenaxe que este ano se lle fará ao escritor como figura central das Letras Galegas. http://about.me/documentaldiazcastro
CEN ANOS DO NACEMENTO DO POETA DÍAZ CASTRO
XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO
O día 19 de febreiro cúmprense cen anos do nacemento do poeta Díaz Castro, figura homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Para máis información, podedes ver este enlace:
http://ouvirmos.com/web/2014/02/100-anos-de-diaz-castro/

10/2/14
CONCURSO DE AMOR "E SE LLO DIS EN GALEGO?"
Estamos no mes de febreiro, no mes do amor e queremos animarvos a que deixedes a vosa mensaxe agarimosa. Unha frase, un poema, onde expresedes todo o que sentides. As bases para este concurso están nos taboleiros de cada clase. Cando a teñades enviádea ao seguinte enderezo de correo electrónico que se vos indica máis abaixo e non esquezades que a data límite para facelo é o 21 de febreiro.
cgalescola@gmail.com
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!
cgalescola@gmail.com
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!
19/12/13
CONCURSO DE TARXETAS DO NADAL 2013
Ao longo do mes de decembro convocouse o concurso anual de tarxetas do Nadal con mensaxe. A tarxeta gañadora coa que se agasallou a toda a comunidade educativa foi a de Jairo Pardo Expósito. Tamén acadaron premio as tarxetas de Laura Fernández Bouso (1º ESO) e Ildara Maseda Rico (2º ESO)
![]() |
| 1º Premio Nadal 2013 . Jairo Pardo Expósito 1º ESO |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)