20/11/09

NADAL CON MENSAXE

NADAL CON MENSAXE
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ((E.N.D.L.))

BASES

* PREMIARASE A ORIXINALIDADE

* TÉCNICA ,FORMATO E DESEÑO LIBRE

* A MENSAXE DEBERÁ SER EN GALEGO


PARTICIPANTES:

CATEGORIA A: 1 E 2 DE ESO
CAREGORIA B: 3 E 4 DE ESO E 1 E 2 DE BAC.


PREMIOS:

HABERÁ TRES PREMIOS CONSISTENTES EN VALES CAMBIABLES NAS LIBRERIAS DA VILA:

* PRIMEIRO PREMIO: 30 euros

* SEGUNDO PREMIO: 20 euros

* TERCEIRO PREMIO: 10 euros



DATAS DE PRESENTACION:

PODERANSE PRESENTAR ATA O 1 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA DO IES

* FINALMENTE ESCOLLERASE A MÁIS AXEITADA PARA A SÚA IMPRESIÓN E FELICITAR O NADAL
* FARASE UNHA EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS NO VESTÍBULO DE CENTRO

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN ( E.N.D.L. )

18/11/09

O GALEGO NAS AULAS

O SUPREMO DESBOTA QUE OS PAIS DECIDAN SOBRE O IDIOMA DO ENSINO
O Tribunal Supremo vén de ditar unha sentenza a través da cal desestima o recurso interposto no 2007 por un pai vigués contra a Xunta co obxectivo de que "os estudos de educación primaria do seu fillo se imparta integramente en lingua castelá".
O alto tribunal lembra que tanto a Constitución coma o Estatuto de Autonomía establecen que "a coexistencia de dúas linguas non só autoriza, senón que esixe (...) o seu conxunto tratamento e a esixencia do galego nos niveis de estudos non universitarios". Do mesmo xeito, subliña que "a discriminación" alegada polo pai " se produciría no caso de que a Administración autorizase o pretendido", isto é, que o galego desaparecese do curriculo do fillo do demandante...
Xornal.com, 18/11/2009

23/10/09

THE AMABLINGUA...Sería así o famoso "TRILINGÜISMO ARMÓNICO"?

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country. The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”.
Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma. The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua. This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls. So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo. At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí. And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….

Daniel López Muñoz - 20:57 17/04/2009 ( Publicado en VIEIROS)


16/10/09

QUEREMOS GALEGO


Distintas voces para unha mesma lingua. Persoas de diferentes profesións e ideas políticas co nexo común do galego amosan o seu apoio á manifestación do domingo , 18 DE OUTUBRO.
A intención de Queremos Galego é atraer toda a sociedade arredor da defensa da lingua.


4/10/09

ProLingua

Estampa dos membros de Prolingua que interviñeron este sábado na asemblea fundacional
Botadura oficial de ProLingua: dorna plural "para que non afunda a ilusión". Unha iniciativa para que a lingua e cultura galegas non sexan condenadas a ser "un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".
Ilusión, rebeldía, esperanza, gañas de traballar, vontade de colaboración e optimismo inxectouse este sábado na asemblea fundacional da plataforma.


2/10/09

FALEMOS GALEGO...

... DEUS TAMÉN O FAI Victorino Pérez (Tori)

6/8/09

PLATAFORMA PROLINGUA


Aínda que sexa o mes de agosto, as novas seguen chegando. Hoxe atopei esta información na edición dixital de Galiza Hoxe:

ProLingua

Unha plataforma creada "por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia".

"ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación. En función disto, declaramos como obxectivos irrenunciables de ProLingua a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia. (...) Establécese como único requisito ás persoas que desexen pertencer a esta plataforma, a intención de se comprometeren na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos coma privados. Dado que a lingua galega é patrimonio do pobo galego, rexeitamos calquera pretensión de apropiarse dela ou de atribuírlla a calquera grupo ou ideoloxía particulares. Por iso ProLingua se declara unha plataforma apartidaria e plural.(...) Toda a información no espazo web de ProLingua.